dimanche 2 octobre 2011

Infancia....Fail!


Nunca me parei a pensar no meu futuro.

Cando eres rapaz,divagas con ser perruqueira,veterinaria,mestra ou incluso soñas con percorrer a lúa;ter fillos,unha casa con xardin e mascotas e sobre todo,unha alma xemelga.

Despois de todos estos anos e despois de todas as experiencias vividas ao longo da adolescencia,daste de conta que non todo é blanco ou negro,hai variantes.Todo é peor do que imaxinabas.

Nestes momentos,o único no que podo pensar
é na dor,sufrimento e rexeitamento que invaden todas e cada unha das células do meu corpo.

mardi 17 mai 2011

Hoxe. Día das letras Galegas, achome amorriñado escribindo nelas.

Son aquelas que forman verbas no amplo espectro da fala, que enchen fazulas galegas, que soan con seseo e gheada. Son aquelas que nutren ás árbores mortas, que baldean orellas abertas e que namoran a mulleres fermosas.

Son as que excitan a un lapis erecto para que empreñe papel baldeiro á espera de que algún sedento lea algo de Lois Pereiro.

Arracenden a exotismo que só ulen uns poucos. Mais o resto cheo de cinismo non son mais ca unha manada de porcos.

Escribo aqui deitado e pensando no lugar onde fun nado, e agora mais ca nunca padezo de morriña pero como ben xustificou Santalices, estou ''longe da terrinha''.

Anónimo (Seica...).

samedi 23 avril 2011

Foi un 23 de Abril, día do libro (coicidencia ou non), cando comezamos aos poucos a erguer este monumento á estupidez (mellor ou peor esculpido).
Cando comezamos hai un ano chegar aos 12 meses parecía cousa de ilusos. Ilusos ou non aquí estamos.
Somos 2 cerebros, 2 lápises, 2 papeis, 4 mans e un blog que agardan durar polo menos outro tanto.
Un ano
As esperanzas dun ano pasado,plásmanse nas poucas palabras que a miña persoa dificilmente pode expresar

mardi 19 avril 2011

Capitulo 1


-Isto non pinta nada ben.
-Pero que é?Pásalle algo grave?
-Todavía non o sabemos.Temos que esperar polo resultado das probas,pero estas horas serán cruciais para a súa vida.Só queda agardar.

Escoitaba a conversa entre o descoñecido e miña nai sin entender nada do que falaban.Quen estaba mal?Pasoulle algo o meu mozo?Si é así,por que ninguén mo decía?Busquei as palabras para preguntarlle a miña nai que era o que ía mal máis da miña gorxa non saíu nada,seguía igual de inmóvil.Que me estaba a suceder?Intentei levantarme,máis os meus músculos non respondían,intentei abrir os ollos,pero tamén foi inútil.
Comezaba a ter medo,o meu corpo estaba morto,pero eu todavía seguía viva.Podía pensar,sentir...aínda que nese momento só sentía medo.Quería que ese pesadelo ramatase.[...]

Volvín coller conciencia do meu corpo pasadas unhas horas e o descoñecido e miña nai seguían falando.
-Xa temos os resultados da proba.A rapaza está en coma.O golpe foi demasiado forte,foi un milagre que saíran ela máis o rapaz con vida de debaixo daquel coche.
-Doctor,e o rapaz,como se atopa?
-Está consciente,só que non deixa de berrar preguntando pola rapaza.Di que se sinte culpable polo accidente...
-Creo que irei a velo agora.Non ten por que sentirse culpable.A culpa non foi del.
-Será o mellor.E si lle di o da súa filla,recorde ser delicada,podería causarlle un shock e non habería solución.
-Está ben.Grazas doctor.

Non podía creelo!Un accidente?Cando?Onde?
Non me acordo de que eso sucedera.Só me acordo de vir no coche despois dun día fermoso na praia xunto ao meu mozo...non entendo como pudo pasar esto!

mardi 8 mars 2011

Música


A presión é moita para unha rapaza de 19 anos que ten a cabeza nos paxaros.Anda perdida nas nubes,soñando co momento de verse como solista das grandes orquestas nun gran teatro diante de milleiros e milleiros de cabezas expectantes,esperando que,por fin,o arco acaricie as cordas.
O profesor sacouna da súa ensoñación e díxolle:

-Outra vez Da Capo!E quero moito máis son!Baixa o arco uns centímetros,así.Comeza,toca como si estiveras nun gran escenario.

A rapaza colleu aire e comezou a pasar o arco sobre as cordas.
A música comezaba a soar,limpia,fiando frases musicais,cos seus fortes,pianos...un diálogo apaixoado saíndo dun só instrumento.
De cando en vez.a moza ollaba cara o mestre,pero este non daba sinal afirmativo ou negativo algún,simplemente poñía cara de póker.
A música cesou,dando por finalizado o concerto a rapaza baixou o arco con aire triunfante polo seu traballo mais o profesor seguía coa mesma cara sin mostra de sentimento.Estivo así un longo minuto ata que o mestre se ergueu e díxolle:

-Bravo!Chegarás lonxe,moi lonxe...

mardi 15 février 2011


En realidade existe a humanidade ou é só un invento?

O meu concepto de "humanidade" e todo o conxunto de persoas que cohabitamos no planeta Terra,e que no transcurso dos anos evolucionamos e melloramos pero,facemos todo o correcto ou sucumbimos as grandes distraccións e deixamos todo para a última hora?

Certamente vivimos enganados dende moi novos de que as xeracións futuras podemos e cambiaremos o mundo cos novos avances na maioría das especialidades,pero o que facemos non é máis que empeorar as cousas día a día coas nosa vagancia e egoísmo,por non dicir egocentrismo nalgúns casos.

Xa fomos enxendrados para isto:destruír e lamentarnos despóis vendo a nosa patética creación... Eu tamén me considero unha persoa deste grupo chamado "sociedade",pero no meu proceso evolutivo,o meu cerebro non asimila a idea de "cambio",intentar reparar os danos causados e non decir a típica frase de "que o fagan outros",xa que persoa,tras persoa,tras persoa....e así sucesivamente,deixámolo pasar e entón será demasiado tarde para lamentarse....

En homenaxe ao meu compositor predilecto


http://www.youtube.com/watch?v=KvHyz0JbmnI

Intenteille por música aos meus soños....
Soños nos que eu,o villano de todas as historias,
sexa considerado un heroe.

Isto xa non é o mundo de antano,
no cal todos soñabamos con un mundo cheo de paz e esperanza...
agora só hai violencia,guerra,fame,enfermidades...
nos meus dous mil anos de vida non vin semellante humanicidio coma nestes curtos anos do século XXI.

Non podo seguir combatindo con xente cerrada de mente,
non me aceptan como son...
confeso que nestes anos intentei non matar a máis xente da necesaria para a miña supervivencia.

Non podo camiñar a luz do sol,
non volverei nunca sentir a súa calor na miña pel...

Nin o sangue da máis pura fada farame poder disfrutar desas longas tardes lendo un libro ao carón da sombra dunha árbore...

Xa non podo máis...

mardi 19 octobre 2010

Boa viaxe Camarada


Nas profundidades dun pequeno pobo da fermosa cidade de Venecia,corría o ano 2010 cando o pequeno Miguel saía da casa camiño ao seu primeiro dia no colexio.As palabras de súa nai todavía resoaban nos seus oídos:

"Meu pequeno querubín!A alegria dos meus ollos!Sabes por que tes un nome tan fermoso? baixo cada nome atopase unha historia, a propia e a que lle ofrecemos ó mundo. O teu nome, Miguel é o mesmo que o do Arcanxo

que se enfrontou ó demo .Moitos dos grandes fundadores da historia tal e como a coñecemos chamábanse coma ti.Miguel Anxo foi un gran artista.Rebelou o mundo da arte ata tal punto que o consideraban un tolo,un gran xenio si,pero tolo...Miguel de Cervantes,un xenio da literatura morreu só,

infectado pola tolemia das súas grandes creacións.O gran creador da novela moderna!Meu fillo,ti serás coma eles,un xenio!Aprobeita ben os teus talentos que pouco a pouco daran o seu froito.Puleos.Atoparas a maneira da perfección"

Pero Miguel non entendía estas sabias palabras....

¿Por que súa nai dixolle todo aquelo?Non entendía nada!Estaba moi confuso con tanto enigma...

Miguel medrou e convertiuse nun mozo fermoso,gran amante das letras e as artes,gran coñeccedor das verbas máis antigas e esquecidas pola humanidade,cun gran talento interior para as imaxes en movemento,cunhas grandes ideas para as secuencias inexplicables...

Certo día,baixo un vello piñeiro,a súa prodixiosa cabeza retrocedeu anos para lembrar a súa nai.

Enton,recordou aquelas sabias palabras,e comprendeunas.Sí,o seu nome era máxico,tan cheo de enerxñia que facia que a persoa con ese nome tuvera un futuro grande,cheo de fama e alfobras vermellas baixo os seus pés.

Sí,era unha estrela.Como un día Miguel Anxo o foi,como Cervantes nos seus anos mozos.

Simplemente unha ollada sua servía para crear algo novo,inexistente anteriormente,que todo o mundo coñecería como creación súa.

Xa o gran Castelao escribira unha gran historia co seu nome."O pai do MIgueliño..."citaba.Migueliño!Que simpleza ten un diminutivo...tan fácil de pronunciar...

Miña nai sempre foi intelixente e fermosa,como a piedade máis delicada de MIguel Anxo.Un non finitto en intelixencia.Tan fráxil e forte coma o mármore.Cunha voz tan doce como as palabras máis fermosas da historia de Cervantes...

O sorriso veu ao seu rostro.Enton comprendeu o final das palabras da sua nai.

"Atoparas a maneira da perfección".Unha viaxe veulle a mente.

Emprendeu ese longo camiño cara a perfección da súa persona

Deixou atras o seu pobo,pero prometeuse que algun dia volvería pisar as súas amplas praderías como un home novo. unha continua viaxe percorrendo os puntos

cardinais

tentou buscarse a si mesmo,

e cando o conseguiu os ventos o arrastraron

a outro destino

lundi 6 septembre 2010

Lembranzas


So teño recordos.
Lembranzas dos teus sorrisos,dos teus ollos,das nosas conversas,da música que nos rodeaba en todo momento...
Agardo non esquecer estes recordos dunha semana máxica como esta.
Setembro comezou con bo pé,un mes para min escuro e tráxico,agora ten de min unha nova visión e unha nova oportunidade.
Simplemente grazas por todo,eu o mínimo que che podo dar é o meu cariño e a miña amizade.Merécelo,por ser como eres....
Nunca o esquecerei.

vendredi 13 août 2010

Percepción de algo novo


-Pecha os ollos.Pensa en todo o que che fai sentir ben-díxome
"un paseo pola praia,unha tarde cos amigos..."-pensei
-Agora,hule.¿Que sintes?-
-"Un aire limpo que enche os meus pulmóns"-
-Abre os ollos.A ansiedade esfumase si repites isto tres veces.A calma pouco a pouco chegará.Un sorriso iluminará o teu rostro.Todo ábrese ante ti,unha nova visión.O mundo ofréceche novas posibilidades.Todo volve nacer para ti.Desfruta da tua nova vida...Pero loita!Nunca des a espalda ao descoñecido.Sorrí.Esa é a clave.Un sorriso inspira confianza.Pero,o máis importante,Confía e se ti mesma-dixome.
-Grazas,mamá-contestei



Ana Solla

¿Que se sinte?


Traizóns.
Desgrazas.
*Confusión*
Sentimentos desagradables que pouco a pouco consumen
a miña visión racional e pacífica das persoas.Non todos
temos a sorte de desfrutar dun anaco de felicidade...
Paus.
Sangue.
Pingas que emporcan o baldeiro.
A dor é insoportable.
*Máis confusión*
O orgullo impídeme arrastrarme,entón unha mostra de
cora e ilumina os meus ollos.
Unha semana illada permitiume pensar con máis claridade
*A confusión diminúe*
Pero todavía me sinto...
¿Traizoada?
¿Apaleada?
¿Obxeto dun xogo que non ten fin?
Unha ampla sopa de letras.Pero só teño catro palabras
para expresalo todo:
¿Por que a min?
*Simplemente...baldeira*



Ana Solla

jeudi 24 juin 2010


El é o eterno vagamundo que se comprace ó sentarse baixo calquera sombra.

Foi designado gardián do tempo perdido.

E de cando en vez acode a el algún vello en busca de tempos nunca vividos.

Mais o noso vagamundo non ten menciñas milagreiras.

E así e que o vello ve afogadas as súas derradeiras esperanzas nun océano de saudade.

Mentres as horas camiñan de vagar cara o solpor o noso amigo confíalle un segredo ó vento ventureiro:

“se o futuro é ficticio, o presente é pasado xa, e o pasado non existe nun agora que se vai… que nos queda? Vivimos a destempo nunha abolida cronoloxía”




jeudi 10 juin 2010

Amizade


Momentos.

Acumulación incesante de recordos.

Situacións boas,malas...

Xuntos choramos,

rimos,

cantamos,

bailamos,

até incluso pegamos...

Pero non por iso deixamos de querernos.


As nosas vidas separaránse,

pero aínda nos queda un longo tramo de amizade por percorrer.

Pero sempre XUNTOS.





Ana Solla

lundi 7 juin 2010

Memorias do meu pasado.


Horizonte.
Sino fatal.
Fin dos nosos tempos.
Pero sobre todo,dos meus...

Certa noite,Belcebú apareceu no meu cuarto.As súas verbas foron claras:
"Un desexo terás
si as miñas palabras cumples
si non,polo confín do mundo vagarás"
Accedín aténdome as fatais consecuencias.Gocei dunha vida plena e feliz ao carón dos meus seres queridos,máis toda felicidade esfumouse o día no que morreu o meu amado. Sentín o mundo tremer baixo os meus pés,pero seguín firme á miña promesa.Os anos pasaron.A miña alma escurecíase e a miña casa foi o meu leito.O diaño escurecía cada rincón de luz da miña pasada felicidade.A tolemia apoderábase da miña lucidez.Marchiteime como unha rosa.Acabei co sufrimento poñéndolle fin á miña existencia.O mar estaba fermoso esa noite.O meu camisón branco mecíase lentamente pola brisa mariña.O salitre inundaba o meu corpo.Pero non fun cobarde.Din un paso adiante e o vacío estendeuse ante min.
A miña alma vaga incansable buscando o descanso eterno que nunca chegará...
Sic transit gloria mundi(1)...

(1)"Así pasa a gloria do mundo".



Ana Solla.

vendredi 4 juin 2010

Galeguizando


Arriba irmáns!
Todos de pé!
Unidos,conseguirémolo!
Todos somos un,
a mesma sangue,
a mesma raza,
a mesma cor...
pero sobre todo
o mesmo IDIOMA.





Ana Solla

Incertidumbre


Unha balanza,
cada lado,un pensamento.
Cada lado,unha ideoloxía,
un sentimento
amor
medo
nostalxia
o lado esquerdo sobe lentamente...
a miña mente segue igualada,
pero o meu corazón segue as normas da balanza.
Cada momento,cada instante,cada día
a esquerda sobe un milímetro,un mísero milímetro
que me leva cara o principio de incertidumbre...




Ana Solla

jeudi 27 mai 2010

TODO...e moito máis




Miña nai
miña compañeira
das túas entrañas,día a día nacen os teus seareiros
fieis cara a túa persoa.
Ti déchesnos a vida e nós,en agradecemento,
sólo podemos darche proteción e seguridade.
As túas bágoas son como vida para nós;
cando non choras nun mes,sempre as botamos en falla.
Ensinachesnos a falar,unha lingua rica en gramática e vocabulario
única na súa especie,que só unhas tres millóns de persoas
temos o privilexio de falala.
Iso enorgullécenos.
Ti sábelo mellor ca ninguén.
Tes as mellores curvas do mundo!
Dise que unha delas e a fin do mundo, finis terrae...
e eu nelas vexo vida a borbotóns.
So podo decirche
grazas Galiza por escollerme como nha das túas fillas...




Ana Solla

dimanche 16 mai 2010


Invades a miña mente

roubas o meu corazón

e eu non podo darche outra cousa
máis que o meu amor.






Ana Solla


E que máis dá,
se ó cabo todo é


algo ou nada

presencia ou ausencia

pasado ou futuro