Affichage des articles dont le libellé est música. Afficher tous les articles
Affichage des articles dont le libellé est música. Afficher tous les articles

mardi 8 mars 2011

Música


A presión é moita para unha rapaza de 19 anos que ten a cabeza nos paxaros.Anda perdida nas nubes,soñando co momento de verse como solista das grandes orquestas nun gran teatro diante de milleiros e milleiros de cabezas expectantes,esperando que,por fin,o arco acaricie as cordas.
O profesor sacouna da súa ensoñación e díxolle:

-Outra vez Da Capo!E quero moito máis son!Baixa o arco uns centímetros,así.Comeza,toca como si estiveras nun gran escenario.

A rapaza colleu aire e comezou a pasar o arco sobre as cordas.
A música comezaba a soar,limpia,fiando frases musicais,cos seus fortes,pianos...un diálogo apaixoado saíndo dun só instrumento.
De cando en vez.a moza ollaba cara o mestre,pero este non daba sinal afirmativo ou negativo algún,simplemente poñía cara de póker.
A música cesou,dando por finalizado o concerto a rapaza baixou o arco con aire triunfante polo seu traballo mais o profesor seguía coa mesma cara sin mostra de sentimento.Estivo así un longo minuto ata que o mestre se ergueu e díxolle:

-Bravo!Chegarás lonxe,moi lonxe...

lundi 3 mai 2010

Partituras


Acumulación incesante de notas con sentido e ritmo propio.Conxuntamente,forman melodías,que poden ser masculinas ou femininas.

Sen elas,a miña vida tería sentido?
Cada día mergullome nesa marea de tinta negra e papel branco e viaxo a un mundo de fantasías,aínda que as veces esa fantasía convírtese nun pesadelo....pero outras,a infinita liña do pentagrama transpórtame ao país das maravillas,ao país ao que tantas veces viaxei cando,de nena,caía pola toca do coello...




Ana Solla