Acumulación incesante de notas con sentido e ritmo propio.Conxuntamente,forman melodías,que poden ser masculinas ou femininas.
Sen elas,a miña vida tería sentido?
Cada día mergullome nesa marea de tinta negra e papel branco e viaxo a un mundo de fantasías,aínda que as veces esa fantasía convírtese nun pesadelo....pero outras,a infinita liña do pentagrama transpórtame ao país das maravillas,ao país ao que tantas veces viaxei cando,de nena,caía pola toca do coello...
Ana Solla
O CICLO
RépondreSupprimerVós, perdedes a inocencia da man das palabras agochadas de vosos pais, que resignadamente doan os seus corpo deixándovos primeiros na lista de espera dos ricos e dos pobres. E aos poucos, grandes pasos, tomades o relevo dos proxenitores... Desgraciaredes aos vosos fillos coa vida que crea o amor, prófugo do cárcere do Tempo, antes de recibirdes o transplante fúnebre, regalo paterno, para doar outro corpo máis en estado de descomposición. Serán eles os que collerán o testigo da herdanza familiar...
Adri