jeudi 27 mai 2010

TODO...e moito máis




Miña nai
miña compañeira
das túas entrañas,día a día nacen os teus seareiros
fieis cara a túa persoa.
Ti déchesnos a vida e nós,en agradecemento,
sólo podemos darche proteción e seguridade.
As túas bágoas son como vida para nós;
cando non choras nun mes,sempre as botamos en falla.
Ensinachesnos a falar,unha lingua rica en gramática e vocabulario
única na súa especie,que só unhas tres millóns de persoas
temos o privilexio de falala.
Iso enorgullécenos.
Ti sábelo mellor ca ninguén.
Tes as mellores curvas do mundo!
Dise que unha delas e a fin do mundo, finis terrae...
e eu nelas vexo vida a borbotóns.
So podo decirche
grazas Galiza por escollerme como nha das túas fillas...




Ana Solla

dimanche 16 mai 2010


Invades a miña mente

roubas o meu corazón

e eu non podo darche outra cousa
máis que o meu amor.






Ana Solla


E que máis dá,
se ó cabo todo é


algo ou nada

presencia ou ausencia

pasado ou futuro





lundi 3 mai 2010

Partituras


Acumulación incesante de notas con sentido e ritmo propio.Conxuntamente,forman melodías,que poden ser masculinas ou femininas.

Sen elas,a miña vida tería sentido?
Cada día mergullome nesa marea de tinta negra e papel branco e viaxo a un mundo de fantasías,aínda que as veces esa fantasía convírtese nun pesadelo....pero outras,a infinita liña do pentagrama transpórtame ao país das maravillas,ao país ao que tantas veces viaxei cando,de nena,caía pola toca do coello...




Ana Solla

vendredi 30 avril 2010

In Memoriam


"Al coger tu paleta, con un tiro en un ala,
pides la luz que anima la copa del olivo.
Ancha luz de Minerva, constructora de andamios,
donde no cabe el sueño ni su flora inexacta.

Pides la luz antigua que se queda en la frente,
sin bajar a la boca ni al corazón del hombre.
Luz que temen las vides entrañables de Baco
y la fuerza sin orden que lleva el agua curva."
(oda a Salvador Dalí,F.García Lorca)

Ata os grandes poetas namoranse algunha vez
sexa do mesmo sexo ou non...
as distincións non existen,sólo a persoa.
A alma é complicada e rica en complicacións,
se todo fósemos iguais,
existiría a gran variedade de xenios capaces de deleitarnos con semellantes composicións??
A resposta é non...

O amos non sería o mesmo,
non se podería expresar da mesma maneira
non se podería disfrutar igual...
non sentiríamos esas cóxegas no bandullo cada vez que a persoa amada está cerca de ti,cada vez que che roza un membro do teu corpo,cada vez que as vosas miradas chegan a un encontro onde non vexas máis que as súas pupilas escuras ollando cara ti...
Non sería o mesmo...



Ana Solla

jeudi 29 avril 2010

O can


O meu can é un mundo.
Come,durme e fai as súas necesidades.
Non hai mellor vida ca do meu can.

Pensando e pensando
sempre chego a mesma conclusión,
como sería a miña vida se fose un can?
Durmiría cando tivera sono,
comería cando tivera fame,
xogaría todo o rato,
pasearía cos meus donos,
e deitaríame ao sol para ver pasar as nubes...

O meu can é un mimoso
sempre anda ao rabo teu
quere que o collas no colo e o colmes de bicos
sentir os teus beizos sobre o seu pelo blanco e rizo,
gústalle que lle rasques as orellas
e quedase a durmir no teu colo.

É un pequeniño con sorte!
Gústalle perderse entre as árbores,
sentir a súa vida e cheirar o seu parfume...
Chegara un día no que Artemis chamarate
e levarate ao bosque con ela
aprenderas a ser salvaxe
a amar a natureza e a vivir en liberdade
crecerán flores arredor do teu sepulcro
narcisos fermosos dignos de ademirar
un digno fillo da deusa da natureza que tanto amas...

E por este motivo abandonarasme
fuxiras de min...
nin o carro alado máis rápido conseguirá alcanzar a túa ialma pura,limpa.
Hermes non me deixará acompañarte.
Pecharame as portas do Olimpo na cara
deixandome ao outro lado do paraiso mentras ti,
querido can,
vivirás eternamente entre divindades....
e endexamais te olvidarei
sempre mirarei cara as nubes e recordarei o teu cabelo
mentras eu sufro día a día por non terte ao meu carón,
nin poder xogar nunca máis contigo.

Ata que chegue a miña ora
e teña que pagarlle o meu transporte a Caronte.....

Ana Solla

dimanche 25 avril 2010

Quérote!


Quérote!

Ti quéresme?


Sei a resposta.

Non lle deas máis voltas e bicame.

Os teus beizos contra os meus

expresan só un único desexo.


O desexo de fundirnos nun só ser

nunha soa palabra.


Quérote!-susurrou...



Ana Solla