El é o eterno vagamundo que se comprace ó sentarse baixo calquera sombra.
Foi designado gardián do tempo perdido.
E de cando en vez acode a el algún vello en busca de tempos nunca vividos.
Mais o noso vagamundo non ten menciñas milagreiras.
E así e que o vello ve afogadas as súas derradeiras esperanzas nun océano de saudade.
Mentres as horas camiñan de vagar cara o solpor o noso amigo confíalle un segredo ó vento ventureiro:
“se o futuro é ficticio, o presente é pasado xa, e o pasado non existe nun agora que se vai… que nos queda? Vivimos a destempo nunha abolida cronoloxía”