Por que?
Por que agora que conseguía esquecerme de ti?
Por que sempre consegues deixarme coa boca entreaberta?
Dimo ti!
Dimo ti,só unha vez máis
quero escoitar a túa voz,
esa voz que me abraia,
que me deixa sen folgos,
só unha vez máis....
Por que?
Por que agora que conseguía esquecerme de ti?
Por que sempre apareces nos meus soños?
Dimo ti!
Pero nun susurro
onde só eu poida escoitar a túa fermosa voz,
onde só eu consiga respirar o teu alento,
embriagarme do teu perfume
só unha vez máis....
Baixiño,
moi baixiño,
explicachesmo.
Os meus soños son só unha ampliación do que sintes por min,
ámbos unidos polo mundo do cosmos
do inalcanzable
da alegría
sempre...
esta vez dimo sempre.
Ana Solla
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire