mardi 8 mars 2011

Música


A presión é moita para unha rapaza de 19 anos que ten a cabeza nos paxaros.Anda perdida nas nubes,soñando co momento de verse como solista das grandes orquestas nun gran teatro diante de milleiros e milleiros de cabezas expectantes,esperando que,por fin,o arco acaricie as cordas.
O profesor sacouna da súa ensoñación e díxolle:

-Outra vez Da Capo!E quero moito máis son!Baixa o arco uns centímetros,así.Comeza,toca como si estiveras nun gran escenario.

A rapaza colleu aire e comezou a pasar o arco sobre as cordas.
A música comezaba a soar,limpia,fiando frases musicais,cos seus fortes,pianos...un diálogo apaixoado saíndo dun só instrumento.
De cando en vez.a moza ollaba cara o mestre,pero este non daba sinal afirmativo ou negativo algún,simplemente poñía cara de póker.
A música cesou,dando por finalizado o concerto a rapaza baixou o arco con aire triunfante polo seu traballo mais o profesor seguía coa mesma cara sin mostra de sentimento.Estivo así un longo minuto ata que o mestre se ergueu e díxolle:

-Bravo!Chegarás lonxe,moi lonxe...

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire