lundi 7 juin 2010

Memorias do meu pasado.


Horizonte.
Sino fatal.
Fin dos nosos tempos.
Pero sobre todo,dos meus...

Certa noite,Belcebú apareceu no meu cuarto.As súas verbas foron claras:
"Un desexo terás
si as miñas palabras cumples
si non,polo confín do mundo vagarás"
Accedín aténdome as fatais consecuencias.Gocei dunha vida plena e feliz ao carón dos meus seres queridos,máis toda felicidade esfumouse o día no que morreu o meu amado. Sentín o mundo tremer baixo os meus pés,pero seguín firme á miña promesa.Os anos pasaron.A miña alma escurecíase e a miña casa foi o meu leito.O diaño escurecía cada rincón de luz da miña pasada felicidade.A tolemia apoderábase da miña lucidez.Marchiteime como unha rosa.Acabei co sufrimento poñéndolle fin á miña existencia.O mar estaba fermoso esa noite.O meu camisón branco mecíase lentamente pola brisa mariña.O salitre inundaba o meu corpo.Pero non fun cobarde.Din un paso adiante e o vacío estendeuse ante min.
A miña alma vaga incansable buscando o descanso eterno que nunca chegará...
Sic transit gloria mundi(1)...

(1)"Así pasa a gloria do mundo".



Ana Solla.

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire