jeudi 29 avril 2010

O can


O meu can é un mundo.
Come,durme e fai as súas necesidades.
Non hai mellor vida ca do meu can.

Pensando e pensando
sempre chego a mesma conclusión,
como sería a miña vida se fose un can?
Durmiría cando tivera sono,
comería cando tivera fame,
xogaría todo o rato,
pasearía cos meus donos,
e deitaríame ao sol para ver pasar as nubes...

O meu can é un mimoso
sempre anda ao rabo teu
quere que o collas no colo e o colmes de bicos
sentir os teus beizos sobre o seu pelo blanco e rizo,
gústalle que lle rasques as orellas
e quedase a durmir no teu colo.

É un pequeniño con sorte!
Gústalle perderse entre as árbores,
sentir a súa vida e cheirar o seu parfume...
Chegara un día no que Artemis chamarate
e levarate ao bosque con ela
aprenderas a ser salvaxe
a amar a natureza e a vivir en liberdade
crecerán flores arredor do teu sepulcro
narcisos fermosos dignos de ademirar
un digno fillo da deusa da natureza que tanto amas...

E por este motivo abandonarasme
fuxiras de min...
nin o carro alado máis rápido conseguirá alcanzar a túa ialma pura,limpa.
Hermes non me deixará acompañarte.
Pecharame as portas do Olimpo na cara
deixandome ao outro lado do paraiso mentras ti,
querido can,
vivirás eternamente entre divindades....
e endexamais te olvidarei
sempre mirarei cara as nubes e recordarei o teu cabelo
mentras eu sufro día a día por non terte ao meu carón,
nin poder xogar nunca máis contigo.

Ata que chegue a miña ora
e teña que pagarlle o meu transporte a Caronte.....

Ana Solla

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire