dimanche 25 avril 2010

Dechesme a VIDA


Sentíaste mal.Tal vez pola marcha do teu home ou polos desgustos dos teus fillos de 20 anos,pero foches ao médico.Estabas nerviosa,máis non mostraches sinal algunha de querer voltar atrás.....

Entraches na consulta,unha pinga de suor esbaraba polas tuas costas.Senticheste mareada e un líqudo quente subeuche pola farinxe ata saír pola boca e ao momento non sabías quen eras,que facías alí ou mesmo onde estabas.Ao despertar o home da bata branca e ollos azuis dixoche que te atopabas ben,que esos mareos eran normais.Ti non sabías de que falaba,preguntachesllo e el contestoute que dentro de nove meses terías unha boca máis que alimentar.Ao momento esquecicheste do mundo e concentracheste en escoitar os batementos de ese corazón tan pequecho.......Teus fillos agardábante na saída,pero ao ver a túa cara de felicidade comprenderono todo.Correron a abrazarte,e sentiches ke nada podería superar ese momento.A felicidade era inmensa,e unha nai é a que mellor o comprende....

Depóis de treboadas,tardes primaverais,paseos pola praia...a túa pequena pateadora estaba máis rebelde que ´calquera outro día."Nunca deches unhas patadas tan fortes miña rula"susurracheslle ao ventre mentres lle dabas aloumiños.Pero a rapariga non facía caso e seguía ao seu.Chamaches aos fillos e leváronte ao hospital.Morrías coa dor,pero a alegría era inmensa.As tres menos cuarto do mediodía poideches porlle cara a túa pequena pateadora,pero as mullers de branco non cha deixaron ter moito tempo e levarona a vestila.Camiñabas dun lado cara outro impaciente por ter á túa pequerrechiña de novo no teu colo.Tras unha larga espera,apareceu............

-------------------------------------------------------------------------------------------------

Flotaba.

Nada era tan fermoso que vivir a deriva.

Comía cando tiña fame,durmía cando tiña sono,xogaba ao fútbol...

Todo era fermoso.

Co paso do tempo empecei a medrar e sentía que o meu pequeno mar disminuía o seu tamaño.Comezaba a sentirme incomoda,pero estábase tan ben alí dentro.Cada mañá sentía que me falaban,que me dicían palabras de cariño,que me acariñaban dende fóra,pero non coñecía esa voz......

Un día canseime de estar alí encerrada e decidin saír o exterior.Non sabía o que me esperaba despóis de ese pequeno mar...

Pateei a blanda parede cos meus pececiños con toda a miña forza.Un raio de luz asomábase naquel mar,unha luz que ía aumentando pouco a pouco e de súpeto a auga comezou a desaparecer.Todo quedouse baldeiro.Estaba asustada,pero unha man forta amarroume con forza e empurroume cara o exterior.

Pechei os ollos,non me atrevía a abrilos.Sentín unha pequena punzada de dor no embigo e un chorro de auga tépeda sobre a miña pel.

Sentín uns brazos collerme.Recoñecín aquel cariño e atrevinme a abrir os ollos.A luz da habitación cegoume pero loitei cas miñas pálpebras para que non se pecharan.Conseguín enfocar a mirada,uns ollos verdes mirábanme con dozura."Miña pequena pateadora"susurrou esa voz tan coñecida.Os meus beizos esbozaron un sorriso.

"Déchesme a vida"-pensei. "Estareiche agradecida eternamente,mamá"



Ana Solla

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire